Xa había dous anos que non facía a bobada esta, pero, ante a lista que perpetrou Esnórquel, non me queda máis remedio que elixir unhas cantas cancións arbitrariamente, ordenalas segundo me pete, e publicalas. Alá vai o T.O.P. DE MERDA!
1.000. Bastard songwriter: Escafandra especial
Este pobre home créese que pode chegar dun país a outro sen coñecer a súa lingua nin nada. Moi encomiable a súa intención, pero moi frouxo o resultado, cunha música que parece unha serie Z de calquera cantautor pop de medio pelo e unha letra infantil e baleira.
(…)
12. Fanny + Alexander: Illa Pedra
En Alfaias xa había un cambio de estilo cara a unha sonoridade moito máis folkie e acústica que culmina con esta Illa Pedra. Ó mellor son esixencias do guión, porque esta canción forma parte dunha BSO, pero o xiro confirmarase cando publiquen o novo disco.
11. Manic Street Preachers: It’s not war (Just the end of love)
Que esta xente son uns vendidos á industria musical sabeo todo mundo. Tamén eles, que o din publicamente, e que declararon que fixeron este disco para entrar nas radiofórmulas. Pois aínda así non podo negar que, lonxe do seu discazo anterior, este single de instrumentación rock e estrutura pop está moi moi ben feito por moi queimado que esté o tema que tratan.
En Spotify.
10. M.I.A.: Born Free
É posible que non houbera sido o mesmo sen o seu videoclip, pero o caso é que, a base de repetición, M.I.A. ametrállame con este temazo desde a percusión dos primeiros segundos.
9. Mi#: El xiquet que en el clar de lluna eixia a donar de menjar a les rates
Porque este señor fai algunhas das mellores letras do País Valenciano, porque o seu é puro do it yourself e porque as ratas e os escaravellos son animais de compañía a reivindicar.
En GoEar
8. Crystal Fighters: Plage
Unha canción que aparentemente non pega moito no álbum e que engancha ca súa melodía vocal e co seu ritmiño. Moi destacable o subidón do final.
En Spotify.
7. Los Planetas: La veleta
A canción máis minimalista e máis rara do disco é a que máis me dixo desde o primeiro momento, xunto á epiquísima apertura que é “La llave de oro”, pese a súa bizarra cantante (que a min non me acaba de desgustar aquí, ollo).
En Spotify
6. The National: Afraid of everyone
Porque é un disco brutal, deses que che machacan en canto poden, e porque esta canción levaba algo especial que resultaba tranquilizador e inquedante ó mesmo tempo. Despois souben que eran os coros de Sufjan Stevens.
5. Orxata Sound System: Me la fiques more
Unha canción que podería ser calquera das súas compañeiras de Maxi-single, pero que foi a que definitivamente me fixo engancharme a Orxata. Me la fica more. I molt.
4. Sufjan Stevens: I Walked
Costa decidirse entre o novo e o vello Sufjan. E eu, que sigo, preferindo o vello (All Delighted People), doulle aínda así máis valor a esta canción de “The Age of Adz”, porque significou darlles un hostión ós pesados que tanto lle preguntaban polo proxecto aquel dos cincuenta estados norteamericanos.
3. Ataque Escampe: desde o ceo com amor
Porque a priori cheira moito que un grupo de rock de serie B cun cantante coa voz mais parecida posible á de Josele Santiago lle meta sintetizadores a unha canción Antònia Font style, pero despois de dúas escoitas a esta homenaxe a Carvalho Calero éntranme unhas gañas terribles de que saquen novo disco e que vaia por este camiño.
2. Astrud & El Col·lectiu Brossa: Lo popular (Retrato de Adrià Grandia)
“Lo Nuevo” é un orgasmo musical da primeira a última canción e esta, supoño que por ser a primeira, por ser nova, e por ese ritmiño folkie tan novedoso en Astrud, lévase a palma de latón (aquí non hai cartos para palmas de prata).
1. Belle and Sebastian: I didn’t see it coming
Cuns recursos moito máis facilóns que en outros discos, o final da canción fai que queiras poñer o reprodutor en repeat con ese “Make me dance I want to surrender”. Lonxe de ser o seu mellor disco, aínda conseguen facer isto, así que eu aínda non me baixo do carro.
En Spotify
Esas cancións saíron nun brainstorming de 1 min. aprox. Outras cancións nas que pensei, xa máis repousado e que quedaron fora por non xurdir espontanemente foron estas:
- Els Surfing Sirles: El trineu
– Basia Bulat: Walk you down
- Joaquín Pascual: Carreteras secundarias
- Wendy Sulca, Delfín Hasta el Fin y La Tigresa del Oriente: En tus tierras bailaré
- Denver: Lo que quieras
- Triángulo de amor bizarro: De la monarquía a la criptocracia
– El Petit de Cal Eril: Cau la neu
- Television Personalities: She’s my Yoko
- Francisco Nixon y Ricardo Vicente: A cielo raso
- Nacho Umbert y la Compañía: Colorete y quitasueño
- Paul Weller: Find the torch, Burn the plans
- Standstill: Algunos recuerdos significativos de B.
- Ornamento y Delito: Madrid
- El Guincho: Bombay








