Hello world!

Boas noites, mundo!

Por que cambiar o título que ven por defecto no primeiro post se sirve para facerlle un homenaxe ao gran Joaquín Reyes e ao seu Enjuto Mojamuto?

A verdade é que costa o seu collerlle o punto ao humor absurdo dos seus muchachos, pero, unha volta te reis por primeira vez con el, xa non podes deixar de facelo. Para os non iniciados na seita da Muchachada Nui, podedes engancharvos con este (unha sorte do ridículo Cuarto Milenio muchachadiano) ou este outro (da etapa chanante en Paramount Comedy).

Suponse que un primeiro post sirve para deixar claras as intencións do seu redactor… a verdade, aínda non están moi claras. Gustaríame postear aquí sobre música, cine, humor e actualidade, que para algo estudio Periodismo no País Valenciano… pero ¿e se me canso (nada moi estraño para os que me coñecen)? A lo menos, haberame servido para mellorar o meu galego escrito, que anda xustiño (oxalá houbera aquí unha Esperanza Aguirre disposta a abrir escolas en tódalas linguas peninsulares… ¡que grande es, lideresa!).

Ben, xa hai bastante por hoxe. Despídome (de alguén?) con unha recomendación musical. Unha das miñas bandas favoritas é Nada Surf. Deixo un dos seus mellores temas, Whose Authority. O seu en un rock sinxelo, que combina letras altamente suxerintes (See these bones) con outras de claro mensaxe, coma este Whose Authority.

Nada Surf – Whose Authority (Lucky, 2008 )

~ por galonthemoon on 4 Xuño 2008.

Deixa un comentario