técnica de resistencia evasiva

Un día, chega ó traballo. Non contentos con reducir o persoal pola “crise” (que curiosamente permite que aínda máis público acuda ó lugar en cuestión), ós dirixentes da empresa -subcontrata dunha empresa de capital mixto- deciden que cada traballador debe poñerse un pequeno aparello que lles permita gritarlle directamente á orella cando a eles lles pete.

Que facer? Diante dun aparato que lle quitará o pouco marxe de liberdade que lle queda (e tendo en conta que ó traballador en cuestión xa lle dixeron varias veces que as súas queixas están infundadas), o afectado decide ser máis listo que a fame as brillantes mentes que lle están a vixiar. Conecta ese aparello controlador ó seu propio aparello. Curiosamente, o mesmo mecanismo que permite recibir chíos unilaterais dos de arriba, tamén deixa evadirse co arte de gusto propio sen ser evidente.

Traballador 1 – Empresa 0

… E o resto, a darlle voltas ó asunto… non vaia a ser verdade que o aparello subministrado sexa realmente útil e de axuda para os traballadores.

M. Ward – To save me

~ por galonthemoon on 18 Abril 2009.

Deixa un comentario